12/05/11

Entrevista a Xosé Manuel Pereiro

ENTREVISTA DE 6º EP A XOSÉ MANUEL PEREIRO (IRMÁN DE LOIS PEREIRO)

¿Que lle gustaba ler de pequeno?

Cando era neno non había moitos libros para rapaces. Lía versións de clásicos xuvenís adaptadas.

¿Cales eran os seus cómics favoritos?

Tintin e Asterix

¿Que víades na tele?

Non tivemos televisión na casa ata que Lois cumpriu os sete anos. E soamente había unha cadea, que non emitía polas mañás. E algúns programas estaban clasificados cun ou dous rombos, que indicaba que non eran para menores. Ou sexa que non había moito que ver. Viamos series como Rin-tin-tin, unha serie do oeste que protagonizaba un can moi listo, El llanero solitario (un heroe enmascarado, tamén do Oeste) e Furia (outra dun cabalo que tamén era ben listo). Cando xa eramos rapaces gustábanos moito Estudio Uno, que eran obras de teatro, Superagente 86 (un espía moi parvo) e as películas de cine clásico que botaban pola noite (cando non tiña rombos)

¿Cales eran as asignaturas que máis lle gustaban no colexio? ¿E as que menos?

As que máis, historia e literatura. A que menos, matemáticas

¿Cal foi o seu primeiro poema? ¿Sobre que trataba?

Imaxino que os primeiros poemas rompeunos, como todos. Os primeiros que conservou son os que agora están nos seus libros, e que fixo aos 15 ou 16 anos, máis ou menos.

Tivemos a sorte de ter dous encontros no cole cun dos amigos de Lois; o escritor Manuel Rivas. ¿Que foi o que vos unía para decidir crear xuntos a Revista Loia? ¿Cales eran os vosos obxectivos? ¿Faciades vós todo?

Estabamos estudiando en Madrid, e o ambiente cultural non era moi alá. Uniunos o feito de ser galegos e de caernos ben. Rivas e eu fixémonos amigos o primeiro día de clase en Periodismo, e ao pouco decidimos facer unha revista porque el era escritor, e eu tiña un irmán poeta.

¿Cando estabades en Madrid que era o que máis lle gustaba da cidade? ¿E o que máis botaba de menos de Galicia?

O que más lle gustaba de calquera sitio era observar xente e situacións. De Madrid, que entón podíase ver cine e concertos que en Galicia non se podía. O que menos, os madrileños.

¿Cales eran os seus escritores favoritos?

Os simbolistas franceses, Baudelaire, Rimbaud, e logo os centroeuropeos: Kafka, Rilke, e Castelao, Fole, Cunqueiro e Manuel Antonio. Cando foi maior, tiña un abano de gustos moi amplo, de Thomas Bernhard a Shakespeare.

¿Cales eran os seus grupos ou cantantes favoritos?

Tamén en música era moi aberto. Os primeiros discos que lle gustaban eran os de David Bowie, Lou Reed, grupos alemáns como Kraftwerk, pero despois desde Siniestro Total ao punk e o after-punk británico pasando por compositores clásicos como Erik Satie ou Sibelius

¿Como conseguía enterarse das novidades musicais e cinematográficas para estar sempre á última e ser un referente?

Tendo as orellas e os ollos abertos, mirando en revistas, aproveitando os discos que traían os seus compañeiros que viaxaban ao estranxeiro. Antes botaban en TVE moito cine clásico de calidade, e despois vendo programacións na Filmoteca e en cineclubs. Desenvolveu un auténtico radar para a vangarda de calidade grazas a ter sede de cousas novas e gusto para o que tiña calidade

Nunha foto aparece facendo autostop na Bretaña Francesa ¿Era aventureiro?

Gustáballe viaxar, e atopar situacións curiosas, desde bares de galegos en Amsterdam ata concertos de grupos punk en Berlín. As viaxes facíaas para coñecer os territorios literarios dos seus autores favoritos. Foi a Irlanda a coñecer os lugares de Joyce, ou a Bélxica os de Tintín. Nesa foto ía a Ruán a ver a casa de Gustave Flaubert.

¿Por que cres que se lle consideraba un poeta independente, “punk”?

Porque o seu único compromiso era coa poesía, non cos círculos e os ambientes literarios, por moito que tivese amigos escritores. E porque daquela, case todos os escritores eran profesores. Pero el era tan punk como dandy elegante.

¿Isto puido influír en que non puidese publicar un libro de seu ata 1992?

Efectivamente, por iso tardou moito tempo en poder publicar.

Eu quería preguntarche por cando viviu na Coruña. ¿Que era o que máis lle gustaba da nosa cidade? ¿E o que menos?

O que máis, os amigos que tiña, e o ambiente creativo que había cando veu, a comezos dos 80, e que foi a menos nos 90 porque todo o que cheirara a galego ou a novedoso parecía sospeitoso para o poder. Tamén lle gustaba a cidade en si, desde que viñamos de pequenos a veranear. O xardín de sAn Carlos, o porto (cando se podía pasear por el), os cafés. O que menos, o carácter estirado dalgúns coruñeses.

Nas fotos soe levar complementos na roupa ... ¿era coqueto?

A verdade é que moito. Antes de saír da casa sempre escollía que poñerse e que libreta coller para escribir, dependendo do que quería escribir.

¿Que queriades conseguir coa revista La Naval?

Facer unha revista como a que nos gustaría que houbese nos kioscos, e que non había. Promover o tipo de cultura que nos gustaba, non a que promocionaban outros. E demostrarnos a nós mesmos e sobre todo á xente doutros sitios que aquí, na Coruña e en Galicia, tamén pasaban cousas interesantes e divertidas.

¿Poderías dicirnos moi brevemente o que é o “atlantismo”?

Reivindicar a cultura do Norte, a néboa, o mar tempestuoso e non as praias con olor a protector solar. Estabamos orgullosos de ser uns bárbaros do norte e non clientes de “chiringuitos playeros” con bermudas. Eramos como góticos, pero en bruto, e sobre todo, con moita ironía.

¿Que sentiches cando soubeches que ía adicárselle este ano o Día das Letras Galegas?

Unha alegría inmensa por el, porque era a oportunidade de dar a coñecer a súa obra e de deixar sentado que, por unha parte, como dixo Rivas, era o clásico que tiña a literatura sen sabelo e por outra que se convertiría en un autor popular, sobre todo entre a xente nova e na que fóra de Galicia non se entera do que aquí hai.

11/05/11

Nova descripción de Lois



Lois Pereiro naceu en 1958 e morreu 1996. Parece que era un tipo alto. A súa cara era coma un conxunto de ángulos. Viaxou moito e sabía varios idiomas.
Escribiu ata a súa morte poesía.

10/05/11

Bibliografía de Lois Pereiro


BIBLIOGRAFÍA XERAL:
  • De amor e desamor. Edicións do Castro(1984).
  • De amor e desamor II. Edicións do Castro (1985).
  • Poemas:1981-1991. Edicións Positivas,S.L.(1992)/Poemas 1981-1991 (reed. Positivas).
  • Poesía ultima de amor e enfermidade(1992-1995). Edicións Positivas S.L.(1995)/Poesía ultima de amor e enfermidade (reed. Positivas).
  • Poemas para unha loia. Espiral Maior (1997).
  • Conversa ultra marina (Positivas).
  • Collected Poems (Small Station Press, trad. Jonathan Dunne).
  • Obra completa. Lois Pereiro (Libros del Silencio, trad. Daniel Salgado).
  • Poesia completa (Xerais, ed. Ana Acuña).
  • Modesta proposicion para renunciar a facer xirar a roda hidraulica dunha cilica historia universal da infamia e outros ensaios. (Xerais, ed. Fran Alonso).
  • Náufragos do paradiso (Galaxia).
  • Antoloxía (Galaxia).
  • Antoloxia consultada da poesia galega 1976-2000. Tris Tram 2003
  • Luzes de Galiza nº 28. Ano 1997. "A vida e a furia". Entrevista con Lois Pereiro e textos homenaxe de diferentes autores e amigos.
BIOGRAFÍAS E ENSAIOS:
  • Radio grafía do abismo. (Antón Patiño, Espiral Maior).
  • Dicionario de sombras. (Antón Patiño, Espiral Maior).
  • Lois Pereiro: náufrago do abismo. (Marcos Calveiro, Xerais).
  • Lois Pereiro: vida e obra. (Iago Martínez, Xerais).
  • Le mot juste. (Antón Lopo, Galaxia).
  • O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro. (Jose Luis Calvo e Carlos Gegúndez, Toxosoutos).
  • Fotobiografía sonora. (varios, inclúe dous discos cunha homenaxe musical).
AUDIOLIBROS:
  • Lois Pereiro ao vivo. (Xerais).
BANDA DESEÑADA:
  • Lois Pereiro. Novela gráfica. (Jacobo Fernández Serrano, Xerais).

Descripción Lois Pereiro


Naceu en Incio Monforte de lemos no ano 1958. Tiña o pelo castano e curto a sua cara era ovalada, e os seus ollos marróns tiña o nariz alargado e puntiagudo, a sua boca era grande,o tronco era alargado e delgado. As suas pernas eran longas. Estudou en Madrid, París, Berlín, e Coruña. Enfermou gravemente. Isto fixo que morrera moi xoven. A os 38 anos. Adicabase a escribir poemas tristes, de amor, de morte, de enfermidades. El pensaba no hospital que xa chegara a súa hora de morrer e quiso que puxeran o poema que escribiu no hospital.
Que era:
"Cuspídeme enriba cando pasedes diante do lugar onde eu repouse
enviandome una húmida mensaxe de vida e furia necesaria."


Descripción feita por Carly, Candela, Ire, Noa, María

09/05/11

BIOGRAFÍA LOIS PEREIRO

LOIS PEREIRO NACEU EN MONFORTE DE LEMOS EN 1958. COMEZOU A ESCRIBIR CON 15 ANOS.

MARCHOU A MADRID CANDO TIÑA 17 ANOS, CO SÉU IRMÁ.

ESTUDOU CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIOLOXÍA.

POUCO DESPOIS VOLTOU A MONFORTE PARA TRABALLAR NA EMPRESA FAMILIAR, ADICADA AO VIDRO.

REGRESA A MADRID PARA ESTUDAR LINGUA INGLESA, FRANCESA E ALEMÁ.

ALÍ FUNDOU A REVISTA LOIA XUNTO A ANTÓN PATIÑO, MANUEL RIVAS E O SEU IRMÁN XOSÉ MANUEL PEREIRO.

CARA A 1981 MARCHA A VIVIR Á CORUÑA, ONDE SE UNE Á REVISTA LA NAVAL.

PUBLICARÍA EN 1997 OS OITO CAPÍTULOS DA NOVELA CORTA NÁUFRAGOS DO PARADISO.

GAÑA O CONCURSO NACIONAL DE POESÍA O FACHO.

VIVIRÁ FUNDAMENTALMENTE DO XORNALISMO.

TRABALLOU COMO TRADUTOR DO ALEMÁN, FRANCÉS E INGLÉS DE DOBRAXE DE CINEMA E, SOBRE TODO, DE TELEVISIÓN.

TAMÉN LLE PUXO LETRAS ÁS MELODÍAS DO GRUPO PUNK RADIO OCÉANO, QUE O SEU IRMÁN LIDERABA.

LOIS PEREIRO MORRE POUCO DESPOIS, EN 1996.

Así vemos a Lois Pereiro


Naceu o 16 de febreiro de 1958, tiña o pelo longo e castano. A mayoría das veces levaba gafas de sol. O nariz a tiña moi picuda, e tamén a barbilla. Aos 17 anos xa recitaba poesías nas discotecas.
Sabia falar en ingles, francés é alemán. Morreu moi novo pola intoxicacion do aceite de colza. Parecia que el quería morrer, porque escribía moitos poemas sobre a morte. Morreu o 24 de maio
de 1996, no cuarto 627 do Hospital Juan Canalejo o día que se fixo a sentencia do caso da colza.

Noelia, Paula, Zeltia, Mariña e Alma

05/05/11

DESCRIPCIÓN LOIS PEREIRO


Lois Pereiro criouse en Monforte de Lemos.Foi moi bo poeta e este ano adicanselle as Letras
Galegas.
Non era nin moreno nin pálido,era bastante fraco. Tiña a boca pequena,tiña o queixo afiado.
Participou en libros de amor e desamor.Cando se enterou de que ía morrer,obsesionouse cos poemas sobre a morte (morreu por tomar aceite de colza.)Morreu en 1996.
E...
FIN

Esto o fixemos:
Dani b. David Juan Rodrigo y Pedro.