MOMENTO HISTÓRICO
1914 -1918 -1920: I GUERRA MUNDIAL
Segundo maior conflito do século XX: perda da
hexemonía europea: morreron millóns de xóvenes.
Contendentes iniciais: Francia, Reino Unido e
Rusia contra Alemaña, Austria-Hungría, Bulgaria e Turquía.
Desencadéante: o asasinato do Arquiduque de
Austria en Saraxevo.
1920: ditadura de Primo de Rivera.
Nace Valentín Paz Andrade o 23 de abril de do
1898, en Lérez (Pontevedra) morre en Vigo o 19 de maio de 1987
1923-1933: SEMINARIO DE
ESTUDOS GALEGOS E II REPÚBLICA
En 1923 constitúense o seminario de estudos
galegos coa finalidade de
analizar e divulgar as manifestacións de cultura
galega, así como atender a formación de investigadores. Vicente Risco, Fermín
Bouza Brey e Ramón Otero Pedrayo son algúns estudosos, que ofrecen os seus
mellores froitos dos primeiros anos.
Entre 1922 e 1926 Valentín
dirixiu o xornal Galicia.
1926, outubro. Volve
exercer a avogacía en Vigo.
1927, abril, 1. D. José Barreras funda Industrias
Pesqueras, revista marítima quincenal na que colabora dende os
primeiros números.
1927, abril. Faise cargo do asesoramento da
Sociedade de Armadores de Bouzas La Marítima.
1927, decembro. Visita París e os portos da Bretaña.
1928. Publícase o seu primeiro libro técnico Los
puertos nacionales de pesca en España. Aportación de Vigo al estudio del
problema, editado pola Unión de Entidades Viguesas.
1930, xaneiro. Participa na fundación do Grupo
Autonomista Galego de Vigo do que é nomeado presidente.
En 1933 proclámase a II República logo de gañar
as eleccións democráticas.
O 28 xuño , o Estatuto de Autonomía de Galicia é
votado cun 92%de votos a favor.
Nesta época esperanzadora, Valentín entra en
contacto con figuras senlleiras do Partido Galeguista. Participa na fundación
do Grupo Autonomista Galego con Cabanillas, Castelao, Otero Pedrayo e Vicente
Risco.
A DICTADURA
O levantamento militar de xullo de 1936 trunca no só a consolidación dos
proxectos políticos, sociais e culturais iniciados, senón tamén a vida dos
precursores e a de moitos animadores destas iniciativas.
Franco Bahamonde ; xeral aos 34 anos , foi logo o xefe de Estado español que
gobernou de forma ditatorial entre abril de 1939 e novembro de 1975........un
longo paréntese para as liberdades máis básicas.
1936, xullo, 18. Pasa os días no seu bufete, en Vigo,
pendente das noticias.
1936, xullo. Axuda a fuxir a través de Portugal a amigos como Xosé Núñez
Búa e Ramón Martínez López.
1936, setembro, 9. Desterrado a Verín, onde vai sufrir o seu
segundo atentado esta vez a mans de catro falanxistas.
1937, xaneiro. Desterrado a Requeixo de Queixa. Escribe poemas en galego.
1937, abril. Autorizado a vivir en Castro Caldelas e logo en Trives.
1937, agosto, 13. Estando en San Miguel de Outeiro con Xesús Prada Losada
coñece a Pilar Cilda Rodríguez de Prada. Sobriña política do poeta valdeorrés
Manuel Valcarce Gómez falecido en 1931.
En 1939 finaliza a guerra civil coa vitoria dos integrantes do autoproclamado
“bando nacional”, chamados así en oposición aos leais á República, coñecidos como
“republicanos”.
Tras sufrir unha forte depresión, na posguerra súmase a pequenos grupos que
preparan a reconstrución cultural e política do país.
Despois do triunfo franquista Valentín mantén o contacto cos republicanos e cos
galegos do exilio.
1940-1944: II GUERRA MUNDIAL
Setembro de 1939: invasión do exército alemán de Polonia (inicio oficial da II
Guerra Mundial).
Ø 4 de Xaneiro de 1944: batalla de Montecasino.
Ø 6 de Xuño de 1944: desembarco aliado de Normandía.
Valentín participa de
forma activa nas actividades vencelladas á pesca na FAO e representa a Galicia
na “Comisión dos dez”
1946-1970: “posguerras”.
1946, setembro. Viaxa a Madrid.
1948, maio, 26. Publícase a segunda edición de Estampas
compostelanas de
Ksado. Na nova edición se introduce o prologo escrito por Valentín Paz-Andrade.
1950, xaneiro. Publica o artigo "Castelao, el hombre y el artista" no
suplememento de La Noche, Santiago. Para
Paz-Andrade, este artigo sobre a morte de Castelao foi “o primero con fondo
ideolóxico que se publicaba en Galicia desde 1936”
1950, xullo, 21. Viaxa en avión por primeira vez a Buenos Aires invitado polo
Centro Galego para participar nas xornadas patrióticas galegas. O presidente
Perón o recibe en Buenos Aires onde da varias conferencias. Nesta viaxe visita
tamén Montevideo, São Paulo, Santos e Río de Janeiro.
1950, xullo. Colabora coa revista do ourensán Pedro Núñez Arcas.
1950, xullo. Fúndase a editorial Galaxia en
Santiago de Compostela da que será accionista.
Valentín convértese nun dos impulsores de PESCANOVA e dirixe a revista de
economía e tecnoloxía Industrias Pesqueras.
1967
27 de xaneiro: en Cabo Cañaveral (Florida) incéndiase o Apolo 1.
Fúndase a UPG (Unión do Pobo Galego) e o PSG (Partido Socialista Galego).
3 de Decembro: en Sudáfrica, o Dr. Christian Barnard e o seu equipo realizan o
primeiro transplante de corazón.
1969
O ser humano pon o pé na Lúa por primeira vez.
1974:
Crise económica provocada
polo embargo de petróleo dos países árabes.
1975:
Morte do Xeneralísimo Francisco Franco
Baamonde (O Ferrol; A Coruña, 4 de Decembro de 1892 – Madrid, 20 de novembro de
1975): vai rematando a Dictadura e avanzando o cambio político.
1976, decembro, 4. Forma
parte da Comisión Negociadora da Oposición Democrática, a Comisión dos Dez,
representando a Galicia como independente.
1977, febreiro. Viaxa a Madrid a unha xuntanza
da Comisión dos Dez.
1977, febreiro, 7. Conferencia "Galiza
diante da autonomía" no Congreso de Cultura Catalana.
1977. Participa no proxecto do novo xornal Galicia en Santiago.
1977, xuño. Preséntase como senador por
Pontevedra na Candidatura Democrática Galega Independente. Participa na campaña
electoral falando en vinte mitins na provincia de Pontevedra.
1977, xuño, 15. É elixido senador
1979
Celébranse as primeiras eleccións democráticas en España despois da Ditadura do
xeneral Franco co triunfo do partido da U. C. D. (Unión de Centro Democrático),
que tiña como principal líder a Adolfo Suárez.
1981
O 20 de outubro de 1981 celébranse as primeiras eleccións ao Parlamento de
Galiza. Con Antonio Rosón (UCD) na presidencia da Mesa, os 71 deputados saíntes
duns comicios moi apertados elixen a Xerardo Fernández Albor como primeiro
presidente da Xunta. O Goberno xorde coa misión de poñer en práctica o Estatuto
de Autonomía, ratificado en referendo en decembro de 1980.
1982, xullo. Publícase “Castelao na
luz e na sombra” Ed.
do Castro, Sada.
1983, febreiro. Escribe o poemario “Saga de símbolos”.
1983, abril, 4. Participa no Museo Carlos Maside nunha mesa redonda sobre pesca
organizada pola Área de ciencias mariñas do Seminario de Estudos Galegos.
1983, xullo, 13. Pronuncia o pregón na inauguración da Feira do libro en Vigo.
1983, setembro. Publícase traducido ao portugués por Paulo Rónai “A galecidade
na obra de Guimarães Rosa” en São Paulo.
1984, xaneiro, 16. Outórgaselle a Medalla ao Mérito Social Marítimo.
1984, abril. Escribe o poemario “Precánticos da galeguidade”.
1984, abril. Escribe o poemario “Aura ora de Galiza”.
1984, xuño. Outórgaselle a Medalla Castelao da Xunta de Galicia.
1984, xullo, 18. Conferencia en Lisboa “Aventura, drama e obra de Castelao”.
1984. É nomeado presidente de Amigos do Museo de Pontevedra.
1984, decembro, 7. Pronuncia a conferencia "Castelao na vida e na
obra" en Vilanova de Gaia.
1984, decembro. Participa no acto de clausura da exposición sobre Castelao
organizada por Sargadelos en Barcelona.
1985, maio, Escribe os textos para o catálogo da exposición “Castelao, obra
gráfico-bibliográfica e documental da súa vida e da súa obra” montada polo
Seminario de Sargadelos e patrocinada polo concello de Vigo.
1985. Publícase o libro de artigos “Galiza lavra a sua imagen”. Ed do Castro, Sada.
1985. Escribe o poemario “Canto en
catro ao conde de Andrade”. Inédito.
1987
1987, maio, 19. Falece aos
89 anos en Vigo. Entérrano en Lérez, Pontevedra.