AS VANGUARDIAS
Características:
O nome de Literaturas de Vanguardia foi acuñado durante a Primeira Guerra Mundial (1914-1918) para designar a unha serie de inquedanzas artísticas que se sitúan na “avanzadilla” cultural do momento.
Significou un dos momentos de maior unidade entre os artistas europeos que apostaron pola construción dunha nova cultura, e polo tanto, dunha nova sociedade.
Estivo formado por unha gran cantidade de movementos, cada un de eles con peculiaridades e técnicas propias.
O que tiveron en común foi o desexo de crear un arte novo e que se rompe definitivamente co realismo.
Características do vangardismo:
· Intercionalismo: Os artistas de vangarda consideráronse cidadáns do mundo da arte, e preocupados por cuestións universais máis que particulares.
· Antitradicionalismo: Desprezan todo o herdado de periodos anteriores, tanto no referente a temas como a formas de expresión. Renuncian por principio a toda ilusión de realidade, intentan expresar a súa visión da vida mediante a deformación de obxectos naturais, buscan a orixinalidade, a individualidade, a diferenza, a novidade. Abren camiños novos, de ahí o termo vanguarida.
· É unha arte intelectual, minoritaria e dirixida unicamente a aqueles que son capaces de comprendelo.
· É unha arte fiel á súa época e por iso reflicte o espírito do seu tempo: as máquinas, o progreso, as diversións, os deportes, o humor... pero tamén reflicte os aspectos máis negativos da sociedade moderna.
· É unha arte fundamentalmente fea, o primeiro en destacar o grotesco na nosa cultura occidental.
· É unha arte deshumanizada, non expresa sentimentos nin pasións humanas.
· Busca a espontaneidade, non o traballo previo e minucioso.
· O seu tema principal é a contradición.
· Válese de dúas ferramentas principais, o humor, e a metáfora.
· Liberdade absoluta do artista, liberdade levada ata o extremo, por exemplo, de romper coa lóxica ou cos idiomas coñecidos.
Principais movementos:
· FUTURISMO : Pode considerarse un dos primeiros movementos da vangarda. Comezou no 1909, e o seu fundador foi o italiano Marinetti. Destacan nel os seguintes rasgos:
· Temas: a velocidade, o risco, o perigo, o moderno, as máquinas, a violencia, os deportes, a guerra, o militarismo, as fábricas, etc.
· Reformas literarias: destrución absoluta do sintaxe, substitución de signos de puntuación por signos matemáticos e musicais, supresión do “EU”, uso primario da imaxinación sen ataduras de ningún tipo.
· Espírito: odio á intelixencia a favor da intuición, ruptura con todo o pasado, optimismo e vitalidade, etc.
· CUBISMO : Surxiu en torno ó ano 1907 con pintores como Picasso ou Braque. O cubismo literario apareceu uns anos máis tarde e o seu máximo representante sería Apollinaire.
Rasgos característicos deste movemento:
· Descomposición da realidade e a súa observación dende diferentes perspectivas.
· Integración de diferentes artes.
· Pretensión de crear obras de arte con vida propia independentemente do seu parecido coa realidade.
· Eliminación do anecdótico e descriptivo.
· O poema adoita converterse nuncha sucesión de emocións, ideas, anotacións, etc.
· Espontaniedade: Búscase o ilóxico, e négase a elaboración formal posterior da obra artística.
· Fóxese do intelectualismo.
· O poeta ocúpase de todo o que fere a súa sensibilidade. Os temas tratados serán os do mundo do momento, nos seus aspectos negativos e positivos.
· DADAÍSMO : Comezou no 1916 en Zurich, durante a Gran Guerra, cando un grupo de artistas (Hugo Ball, Hans Arp, Richard Huelsenback) se unen ó poeta rumano Tristan Tzara. Dadá pretendía ser diferente e non conformar un movemento máis. Os dadaístas querían rematar co arte bó ou malo, e coa nociñon mesma da literatura. Representaron a negación absoluta.
Era unha protesta poética e artística dirixida contra todo.
Houbo un Manifesto Dadá, que tiña por intención a protesta total.
· EXPRESIONISMO : É máis unha “postura vital” que unha corrente entendida como tal.
O expresionismo identificouse frecuentemente co anticonformismo. O movemento tendría os seu momentos estelares durante a segunda década do século e inicios da terceira.
O expresionismo baseándose na intuición, depura, intensifica e interpreta a realidade, pero nunca se separa totalmente dela.
A literatura expresionista caracterízase polo uso dunha linguaxe desgarrada, a presenza constante da morte, a violencia e esa crueldade, e a elaboración de personaxes abstractos ou xenéricos.
Valle-Inclán é o exemplo máis destacado do noso país no expresionismo.
· SURREALISMO : O surrealismo como movemento artístico nace en Francia en torno a 1920. O seu creador foi André Bretón.
O surrealismo quixo ser un movemento que promovera a revolución integral, a liberación total do home; pretendeu transformar a vida.
Busca a liberdade de creación e olvida a razón. Pretenderon provocar accións, non ser entendidos.
Caracterízase por:
·Escritura automática.
· Ensambladura fortuita de palabras.
· Resumo de soños.
·Liberación da linguaxe mediante metáforas, nas que se asocian términos que non teñen relación aparente.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario