ECONOMÍA E PENSAMENTO NA ÉPOCA DE X. Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ (1915-1985)
ECONOMÍA
Século XX
Ata 1939.
ECONOMÍA
Século XX
Ata 1939.
- O 50% da poboación é empregada no rural e cunha economía de subsistencia.
- Crise dos servizos sociais nos anos vinte: España sofre desigualdades endémicas (económicas e culturais): en poucas mans acumúlanse grandes riquezas. O resto, vive con grandes carencias.
- A II República trata de fomentar unha maior igualdade e solidariedade.
- Guerra civil (1936-1939): supón unha grande perda económica para o Estado no seu conxunto.

1939-1945.
- 1939-1945: etapa da Segunda Guerra Mundial (a economía estabilízase na mediocridade, aínda que se beneficia lixeiramente).
- Illamento internacional polo asentamento no poder da ditadura do xeneral Franco.
1953-1959.
- Ruptura paulatina do illamento político internacional: a situación económica vai mellorando en gran parte grazas á emigración.

1959-1969.
- Apertura ao exterior: aumenta o ritmo de desenvolvemento á par que comeza a industrialización do país.
- Posta en marcha do plan de estabilización.
1970-1985.
- Crise internacional pola subida dos prezos da enerxía: aumento moi considerable do paro.
PENSAMENTO
1915-1923 .
1915-1923 .
- A Galiza na que nace Xosé María Álvarez Blázquez é un país intelectualmente inquedo. Como mostra, constitúese o Seminario de Estudos Galegos que ten, entre outras funcións, dinamizar o desenvolvemento da cultura galega.
1933-1936.
- O imaxinísmo (predominio cultural da imaxinación) e o neopopulísmo (cultura baseada nas raíces populares “culturizadas”) son dúas correntes moi activas na época.
- A ideoloxía fascista provoca feitos como os de Tui: asasinato do curmán político de Xosé María, chamado Alexandre Bóveda, gran intelectual galego.
- O Partido Galeguista trata de aglutinar o sentimento galego e Xosé Mª ingresa nel.
- Gran parte da literatura e da intelectualidade tivo que sobrevivir no exilio americano, debido á censura e ás persecucións ideolóxicas.

Xosé Velo (cineasta), exiliado no Brasil.
- Xosé Mª fixo aquí todo o que estivo na súa man por recuperar unha cultura arrasada, promocionándoa e tratando de prestixiala
1975.
- Morre o ditador xeneral Franco e a familia de Álvarez Blázquez o festexa.
1981.
- Álvarez Blázquez apoia o reconstituído Partido Galeguista nas primeiras eleccións Autonómicas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario