7/5/08

A FACETA GALEGUISTA DE ÁLVAREZ BLÁZQUEZ:

O ERUDITO GALEGUISTA

Xosé María Álvarez Blázquez foi un erudito, a súa obra abarcaba varios temas que dominaba (a historia xeral e local, a arqueoloxía, a literatura...) dando os seus coñecementos á xente. Tamén foi un descubridor de textos.

Foi membro da Real Academia Galega e fundou as editoriais Luis Viñas Cortegoso e a editorial Monterrey a partir dos anos 50.

Participou no ano 1933 na Federación Mocidades Galeguistas que era unha organización nova do Partido Galeguista.

A súa primeira obra foi publicada pola editorial “Galaxia” no 1952. Neste libro reflíctese a primeira faceta do autor chamada “Escolma de Poesía Galega”, no que estableceu un amplísimo canon da poesía medieval clásica. O público, pese a non ter grandes coñecementos, sentíuse involucrado nos textos de Álvarez Blázquez.

Máis adiante faría o tomo II da mesma “Escolma de poesía galega”, que recolle poesía dende os S. XIV ó XIX e gran parte dos Séculos Escuros (descuberta por el mesmo). O seu descubrimento máis famoso foi “Égloga de Belmiro e Benigno” de Pastor Díaz.

Xosé María Álvarez Blázquez realizou outras importantes achegas en materia de literatura popular e culta, de arqueoloxía, de historia, de etnografía, e ditou gran número de conferencias e discursos, a destacar, “Berro en lembranza dos herois de Carral”. A súa derradeira obra en vida trata sobre a biografía de quen fora seu xefe político, amigo persoal e mesmo curmán por matrimonio: Alexandre Bóveda.

No hay comentarios: