14/5/08

POR QUE E PARA QUE UN DÍA DAS LETRAS GALEGAS?

O Día das Letras Galegas comezou en marzo de 1963.

Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, membros da RAG, mandan unha carta ao presidente da institución coa proposta de celebrarse cada ano un homenaxe aos libros e os escritores galegos coa intención de recordar á xente que algúns destes libros serveron para representar a voz dos pobos de Galicia hai moitos anos . Celebraríase o 17 de maio de cada ano porque nesta data cumplìase o centenario da publicación de “Cantares Gallegos”.

Despois de recibir esta carta, Sebastián Martinez Risco, presidente da RAG, comunica a proposta ao Ministerio de Información e Turismo, onde tamèn è aprobada.Cada ano, os membros da RAG deciden a quen se lle vai dedicar cada 17 de maio o Día das Letras Galegas.

A primeira á que se lle dedicou, coa que abriron a proposta de celebrarse o Dìa das Letras Galegas e unha das máis importantes na historia deste día, foi Rosalía De Castro. O seu libro “Cantares Gallegos” marcou un cambio moi importante na literatura galega e grazas a el dèuselle máis prestixio á nosa fala e literatura para crear obras literarias.

Hai unhas condicións para dedicarlle a unha persoa o Día das Letras Galegas:
  • Ten que levar dez anos morta.
  • Ten que ser autora dunha obra importante en galego.
  • Ten que ser unha persoa que mereza ser posta de exemplo social e cultural á sociedade.

No hay comentarios: