O día 20 de maio de 1963 a aprobación duna proposta de tres membros da Real Academia Galega produciu un xiro na historia da nosa lingua: a celebración do Día das Letras Galegas, elixiuse ese día co motivo do centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro coa finalidade de realizar unha homenaxe a todas as persoas que destacaron pola súa creación literaria ou ben pola súa defensa do idioma galego.
Co paso dos anos esta celebración converteuse nunha data festiva para todos os galegos tanto persoas de a pé coma institucións públicas celebran este día con moita ledicia; nos medios de comunicación coma na Voz de Galicia neste día escríbese toda a portada en galego, nas universidades celébranse conferencias e facilítase a accesibilidade ás obras máis coñecidas do autor homenaxeado.Nos colexios tanto os cativos cama os maiores preparan obras de teatro, recitais de poesía, investigacións,... para coñecer mellor a vida do autor en cuestión os concellos organízanse concursos para fomentar o amor cara á nosa literatura e premian os concursantes con toda clase de agasallos, e ademais de pasar unha tarde entretida comprenderemos o significado da loita dos nosos antepasados pola lingua.
A pesar de ser un día que se festexa dende hai moito tempo na actualidade propúxose que este día non laborable se cambiara polo San Xoán alegando que é un día que viven con moito xúbilos todos os galegos e que forma parte da nosa tradición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario