A obra escrita por Ramón Piñeiro non é abundante e estivo centrada polo xeral na filosofía da "saudade". En calquera caso, publicou numerosos artigos en Grial [25], onde asinou ás veces baixo o pseudónimo de Luís Veiga do Campo, así como colaboracións en obras colectivas e proemios de numerosos libros (de Novoneyra, Masside, Méndez Ferrín, Lugrís, etc.).
Siñificado metafísico da saudade (Colección Grial, 1951)
A saudade en Rosalía (Galaxia, 1952)
A lingua, sangue do espíritu (Galicia, Bos Aires, 1952)
Pra unha filosofía da saudade (Galaxia, 1953 [26])
A filosofía i o home (Grial, 1963)
A lingoaxe i as língoas (Galaxia, 1967; reed. facs. Consello da Cultura Galega, 1994 [27])
Olladas no futuro (Galaxia, 1974[28])
Lembrando a Castelao (SEPT, 1975)
Vicisitudes históricas da cultura galega (Ediciós do Castro, 1975)
Saudade e sociedade, dimensións do home (1975)
Filosofía da saudade (Galaxia, 1984[29])
Castelao político (Anthropos, Barcelona, 1986)
Cartas para os amigos (El Correo Gallego, 1992 [30])
Un epistolario de Ramón Piñeiro (Galaxia, 2000 [31])
Galicia (Galaxia, 2001)
Da miña acordanza. Memorias (Galaxia, 2002 [32])
Ademais, fixo, xunto a Celestino Fernández de la Vega, tarefas de tradutor, verquendo ao galego obras como Cancioeiro da poesía céltica (Alt-keltische Dichtunguen, de Julius Pokorny, en 1952) -tradución premiada pola Editorial Bibliófilos Gallegos- e Da esencia da verdade (Von Wessen der Wahrkeit) (de Heidegger, en 1956).
Finalmente, Piñeiro impulsou e preparou persoalmente a edición en 1958 do Diccionario enciclopédico gallego castellano de Eladio Rodríguez, inédito desde a morte deste, en 1949. A obra publicouse por Galaxia en tres tomos, nos anos 1958, 1960 e 1961, respectivamente, incluíndo no terceiro un apéndice con voces achegadas por outros colectores, entre eles o propio Piñeiro. Xa en 1956 tiña o proxecto de publicar un "Gran Diccionario da Lingua Galega", que incluiría tanto o léxico utilizado na literatura clásica galega como o léxico vivo na fala, pero o proxecto nunca callou.Cómpre salientar tamén a súa amplísima correspondencia con practicamente todos os persoeiros da cultura galega. A súa correspondencia publicouse en Olladas no futuro (1974), Cartas para os amigos (1992), Un epistolario de Ramón Piñeiro (Del Riego, Galaxia 2000) ou un conxunto de 49 cartas que levou por título Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Carballo Calero (2004), ademais das coleccións parciais que foron publicándose en diferentes entregas dos Cadernos Ramón Piñeiro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario