12/5/09

traballo Ángela e Violeta

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ.


A obra escrita por Ramón Piñeiro non é abundante e estivo centrada polo xeral na filosofía da "saudade". En calquera caso publicou numerosos artigos en Galaxia, onde asinaba baixo o pseudónimo de Luís Veiga do Campo, así como colaboracións en obras colectivas e prólogos de numerosos libros (de Novoneyra, Masside, Méndez Ferrín, Lugrís, etc.).
Siñificado metafísico da saudade (1951)
A saudade en Rosalía (1952)
La saudade (1953)
Pra unha filosofía da saudade (1953)
A lingua, sangue do espíritu (1959)
A filosofía i o home (1963)
A lingoaxe i as língoas (1967; reed. facs. Consello da Cultura Galega, 1994)
Olladas no futuro (Galaxia, 1974)[16]
Lembrando a Castelao (SEPT, 1975)
Vicisitudes históricas da cultura galega (1975)
Filosofía da saudade (Galaxia, 1984)[17]
Castelao político (1986)
Cartas para os amigos (1992)
Galicia (1999)
Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000)
Da miña acordanza (Galaxia, 2002)
Escribiu tamén as súas memorias "Da miña acordanza" (publicadas en 2002), coa colaboración de Carlos Casares, que completou as páxinas iniciais escritas polo propio Ramón Piñeiro coas transcricións das conversas que mantiveron. Ademais, foi, xunto a Celestino Fernández de la Vega, tradutor ao galego de obras como Cancioeiro da poesía céltica (de Julius Pokorny, en 1952) -tradución premiada pola Editorial Bibliófilos Gallegos- e Da esencia da verdade (Von Wessen der Wahrkeit) (de Heidegger, en 1956).
Finalmente, Piñeiro impulsou e preparou persoalmente a edición en 1958 do Diccionario enciclopédico gallego castellano de Eladio Rodríguez, inédito desde a morte deste, en 1949. A obra publicouse en tres tomos nos anos 1958, 1960 e 1961, respectivamente, incluíndo no terceiro un apéndice con voces achegadas por outros colectores, entre eles o propio Piñeiro.
Cómpre destacar tamén a súa amplísima correspondencia con practicamente todos os persoeiros da cultura galega. A súa correspondencia publicouse en Cartas para os amigos (1992), Un epistolario de Ramón Piñeiro (Del Riego, Galaxia 2000) ou un conxunto de 49 cartas que levou por título Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Carballo Calero (2004), ademais das coleccións parciais que foron publicándose nos Cadernos Ramón Piñeiro.

ÁNXELA CAMIÑOS E VIOLETA CHOUCIÑO.


4º EPO

No hay comentarios: