14/5/10

Biografía de Uxío Novoneyra pola aula de 1º EPO


Nace o 19 de Xaneiro de 1930 en Parada de Moreda, aldea do Courel (Lugo). Ós 15 anos trasládase á cidade de Lugo para estudar o bacharelato e coñece ao poeta Manuel María. Catro anos máis tarde trasládase a Madrid para estudar Filosofía e Letras. Alí publica os seus primeiros poemas en castelán.

No ano 1952 volve a Galicia para facer a mili en Lugo e relacionase con Manuel María, Ramón Piñeiro, Carlos Maside e Otero Pedrayo que o animan a comezar a escribir en galego.

Dende os 23 ata os 32 anos enferma e volve a vivir no Courel mentres se cura. Aí comeza a escribir en galego: "Os Eidos".

Aos 32 anos trasládase de novo a Madrid e traballa na radio e na televisión en programas relacionados coa poesía. Volve a vivir por terceira vez no Courel para coidar aos seus pais, xa enfermos.

Coñece neses tempos en Lugo a Elva Rei, coa que casa en 1973. Nesta época escribe Os Eidos (2), ampliación da súa primeira obra con debuxos de Laxeiro. Ten tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo.

Aos 53 anos vai vivir a Santiago de Compostela onde escribe moitos libros, como: "O Cubil do Xabarín", "Gorgorín e Cabezón" e "Ilda , o Lobo, o Corzo e o Xabarín", que son libros para nenos e nenas.

Morre o 30 de Outubro de 1999 na cidade de Santiago.

No hay comentarios: