16/5/13

APRENDENDO SOBRE A VIDA DE VIDAL BOLAÑO A TRAVÉS DO... TEATRO!!!!



Dende a clase de NATACIÓN levamos unhas semanas preparando a nosa obra de teatro.... que nervios!!!
Ademais de pasalo moi ben, entre outras moitas cousas aprendemos moito sobre a vida de Roberto... que mellor forma de facelo que tendo que aprender unha obra de teatro sobre a súa vida...non?
O outro día, Ledi preguntounos en clase:  "despois de tanto traballar ca obra... que sabemos agora sobre a vida de Roberto?". E nos, fomos contado o seguinte: 
- "Naceu en Santiago de Compostela, xusto cando morreu Castelao en Buenos Aires".
- "Morreu con 52 anos dunha enfermidade". Alguén dicía que en 1950... pero logo lembramos que ese foi o ano no que naceu!!!
- "Quería ser director de cine, ademais de dedicarse ao teatro."
- "Traballou nunha empresa de coches".
- "Tivo que enfrontarse a un político... por defender o teatro galego!".
- "Tamén traballou na Televisión de Galicia".
- "En 1977 despedírono do banco onde traballaba"."E grazas a iso, dedicouse só a facer teatro".
- "Montou o Grupo de Teatro Antroido, e o Centro Dramático Galego".
- "Grazas a el temos teatro, cine e tele en galego en Galiza".
- "Casou tres veces. A primeira vez cunha actriz, Laura Ponte e a última vez con Belén Quintáns, en 1992, coa que montou a compañía de teatro Teatro do Aquí". "A súa segunda muller tamén era actriz e morreu dunha enfermidade". 
- "Escribiu moitas obras: Anxeliños, A burla do galo, Animaliños, Ruada das papas e do unto, Romance dos figos de ouro..."
- "Moitas veces levaba un gorro e un nariz de paiaso".


... E aínda sabemos algunha cousiña máis... pero se queredes que volo contemos... non teredes máis remedio que vir a ver a nosa obra na que actuamos ca clase de WATERPOLO. 

Dende 2º de EP non queremos deixar pasar a oportunidade de agradecer á todos os que nos axudáchedes a montar a obra: 
- A clase de WATERPOLO e a súa profe, EVA pola colaboración e preciosos decorados. Mención especial para Laura, a nai de Nuno polo seu "Peteiro".
- A Xan, pola súa música. 
- A Iño por toda a montaxe de escenario e luces.
MOITAS GRAZAS!!!! 

No hay comentarios: