15/5/13

OBRA DE RVB


As nenas e nenos de 4º queremos falarvos sobre a obra de Roberto Vidal Bolaño.
Quixo que Galicia tivese un teatro propio, con argumentos  de nós. Inventou un xeito de facer “escea” e o seu traballo foi decisivo para poñer en marcha o teatro profesional galego.
RVB escribiu máis de vinte obras teatrais, e queremos nomealas tentando explicarvos algunhas características:
  • Interese pola tradición galega, obras que beben do popular, no que se identifican costumes e tradicións da nosa cultura:
LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES,
ANTROIDO NA RUA,
 RUADA DAS PAPAS E DO UNTO
  • Preferencia por persoaxes marxinais, xentes extravagantes e raras, obras nas que quería ensinarnos unha parte da realidade que habitualmente se ignora
INTEGRAL
SAXO TENOR
COCHOS
  • Autocrítica social, fainos mirar de fronte os problemas propios do país
SEN IR MÁIS LONXE
ANXELIÑOS!
RASTROS
SEN IR MÁIS LONXE
  • Querenza por situar a acción dramática nun tempo pasado,con conflitos que poden ser semellantes no noso presente
DOENTES
MAR REVOLTO
AS ACTAS ESCURAS
OS PAPALAGUI
  • Forte pegada do cine, con videocreación, e alusións a películas
DÍAS SEN GLORIA
SAXO TENOR
RASTROS
  • Metateatralidade, converte á espectadora en actriz activa
A OPERA DO PATACÓN
INTEGRAL
  • Emprego constante da ironía
CAPRICE DES DIEUX
ANXELIÑOS!
CRIATURAS
ANIMALIÑOS
  • Presenza da morte coma unha sombra que acompaña á vida das persoas:
BAILADELA DA MORTE DITOSA
  •             Obras nas que o humor está moi moi presente:
TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL
ROMANCE DOS FIGOS DE OURO
Non deixedes pasar a oportunidade de asistir a espectáculos no que se representen ou de lelas en papel...

No hay comentarios: