Ramon Piñeiro López naceu no seo dunha familia labrega da parroquia de Armea, concello de Láncara (Lugo), en maio de 1915. Era fillo de Vicenta López Fernández e de Salvador Piñeiro García, quen sempre demostrou unha preocupación pola cultura e pola educación dos seus pequenos superior á habitual naquela epoca entre a xente humilde. Isto, xunto coa curiosidade e intelixencia de Ramón, explica que xa antes de chegar, con seis anos á escola, o neno soubese ler, escribir e resolver alunhas operacións matemáticas. Se a escola non supuxo dificultades intelectuais para Ramón Piñeiro, si que lle causou un forte impacto o percibir adiglosia presente na sociedade.
Entre 1924 e 1928, Ramón Piñeiro cursou en Lugo o bacharelato elmental. Neses anos descubriu a literatura; tamén a literatura na súa lingua, que lle chegou da man de poetas galegos . Quedou inpresionado ao decatarse de que o idioma de canpesiños que a escola desprezaba era tan apto coma o castelán para as sutilezas da poesía.
A difícil situación económica da familia impediu que ao principio Piñeiro puidese continuar cos seus estudos polo que regresou a casa para traballar no canpo. Aconsellados polo fillo do secretario do concello de Láncara, a familia decidíu enviar a Ramón a Sarria, onde levaría a contabilidade do comercio dun amigo do pai . Alí tivo os seus primeiros contactos co galeguismo. Subscribiuse ao diario El pueblo gallego, onde escribían artigos na lingua de Rosalía destacados inteletuais como Ramón Otero Pedrayo.
Ao remate deste ano, volveu a Lugo para cursar o bacharelato superior. Aquí medrou o seu sentimento galeguista e fundou xunto cos seus compañeiros de instituto a Mocidade Galeguista de Lugo, da que foi secretario de cultura. A súa intelixencia e a súa entrega levárono a relacionarse cos líderes do Partido Galeguista e a desenvolver importantes cargos.
Trala guerra a Ramón Piñeiro naceulle un grande interese pola filosófía. Trasládase a Santiago de Compostela para estudar a carreira de Filosofía e Letras e en 1942 marcha para Madrid para cursar a especialidade de Filosofía.
Aproveitou a súa estadía en Madrid para impulsar tres proxectos iniciais do partido: tomar contacto cos galeguistas exiliados, cos nacionalistas cataláns e vascos e co resto das forzas antifranquistas clandestinas. Foi condenado a seis anos de cárcere, dos que crumpriu tres.
Ao saír da cadea, Ramón Piñeiro decicíu abandonar a sua loita política na clandestinidade e optou pola loita cultural. Uniuse ao proxecto de levar adiante unha nova editorial, Galaxia que lle permitise facer públicas as suas ideas. Logo de instalarse en Santiago coa sua muller Isabel López García decidiu manter relación cos mozos que chegaban a cidade para cursar os seus estudos universitarios. Pola famosa mesa de braseiro da súa casa na rúa Xelmirez pasarían durante dúas décadas moitos rapaces con inquedanzas culturais e políticas.
Ramón Piñeiro foi director literario da editorial Galaxia. No seo da mesma, creouse a revista Grial onde Piñeiro publicou o seu primeiro ensaio “Significado metafísico da saudade”.
Á saudade dedicaría Ramón Piñeiro outros catro traballos mais: "Á filosofia e o home", "Para unha filosofia da saude saudade", "Saudade e sociedade dimensións do home" e "A saudade en Rosalía" que, en 1984 reuniría no libro Filosofia da saudade.
A partir do ano 1966, Ramón Piñeiro foi convidado durante catro veráns ao Middeibury College de Vermont ( EEUU) para impartir cursos sobre a sociedade e o pensamento españois. En 1967 ingresou na Real Galega co discurso A linguaxe e as linguas.
Durante os últimos anos do franquismo, Ramón Piñeiro dedicouse a facilitar a creación de varios partidos políticos. Nas primeiras eleccións democráticas foi candidato ao senado por Lugo. Cando chegaron as eleccións autonómicas foi elexido deputado autonómico o que lle deu a oportunidade de traballar en prol da lei de normalización liguística, aprobada por unanimidade en 1983. Nese mesmo ano, foi elexido presidente do primeiro consello da cultura galega, cargo que ocuparía ata o seu pasamento en 1990.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario