14/5/09

FACETA HUMANA

DESCOÑECIDO RAMÓN PIÑEIRO

Culto, discreto, reflexivo e afable, Ramón Piñeiro representa para a cultura do país non so aquilo que plasmou nos libros senón os froitos do debate e a comunicación permanente con infinidade de persoas que fixeron famosa a súa mesa camilla. Intelectual prestixioso e político singular pouco preocupado por acadar postos de poder, o autor que este ano recibe a homenaxe do Día das Letras Galegas foi figura clave do Galeguismo Culto.

Ramon Piñeiro Lopez naceu no seo duna familia labrega en Lugo, nunha aldea do Concello de Láncara, Armea. Tivo sete irmans dos que tres morreron sendo nenos.

O seu pai, Salvador Piñeiro García, preocupouse moito pola educación dos seus fillos, unha preocupación superior a da xente humilde da epoca. Iso explica que Ramon xa antes de ir a escola soubese ler, escribir e resolver operacions matemáticas.

Entre 1924 e 1928 Ramon Piñeiro descubriu a literatura; tamén a literatura na sua lingua, e quedou impresionado ao decatarse de que o seu idioma, que a escola desprazaba, era tan apto coma o castelán para a literatura e poesía.

A mala situación económica da familia impediu inicialmente que el pudiese continuar os seus estudios polo que regresou a casa para dedicarse os labores de campo por un escaso tempo dado que, como di a súa irmá “Non lle gustaba nada o traballo do campo”.

A familia resolveu enviar a Ramón a Sarria, onde levaría a contabilidade do comercio dun amigo do pai, ali tivo o seus primeiros contactos co Galeguismo.
Mais tarde Ramón Piñeiro volve a Lugo para cursar o bacharelato superior axudándose das circunstancias de que a sua irmá tiña traballo e casa naquela cidade. Alí medrou o seu sentimento galeguista, polo que fundou canda os seus compañeiros de instituto a Mocidade Galeguista de Lugo, da que foi secretario de cultura. A sua entrega a causa levarono a relacionarse cos lideres do Partido Galeguista. En 1936 foi elixido secretario do Comité Provincial do Estatuto de Autonomía no que estableceu amizade con Otero Pedrayo, Alexandre Bóveda, Castelao e Gómez Román.

O 18 de xullo produciuse o levantamento militar franquista contra o Goberno Republicano. Dende o momento en que os sublevados tomaron o control Ramon estivo en perigo, en diversas ocasions tivo que esquivar so, ou ca axuda de coñecidos, a detención ou a morte. Finalmente incorporouse as filas do bando franquista para evitar represalias. Malia derrota na Guerra Civil das liberdades que articularan a Autonomía Galega seguiu militando no Partido Galeguista. Fixo de enlace entre a dirección do partido no exilio e os grupos do interior ata que foi detido en 1946 e condenado a seis anos de cadea dos que cumpriu tres en diversos penais.

En Santiago de Compostela comeza, despois de rematada a guerra española, a súa carreira universitaria que continuará en Madrid cos estudios de Filosofía. Expón a partir de ahí unha nova visión ideolóxica do pobo galego baseada na conservación de aspectos culturais diferenciados. Sendo o idioma o factor determinante introduce a Saudade como un distintivo característico da Comunidade Galega.

Na súa parte cultural destaca a súa participación nalgunha das institucións da cultura do país. Piñeiro logrou montar dende os inicios dos cincuenta toda unha serie de iniciativas culturais: creación da editorial Galaxia, fundación da revista de pensamento Grial, e da Revista de Economía de Galicia, que tiñan por finalidade a conservación do idioma galego, tarefa que ante a agresión franquista consideraba prioritaria.

Aínda que se destacan a súa parte cultural a grande parte de súa vida estivo relacionada coa política, sempre dende a defensa de Galicia e a súa lingua.

En 1967 ingresou na Real Academia Galega e foi elixido diputado do Parlamento Galego na súa primeira lexislatura, pola súa defensa da Lei de Normalización Lingüística de 1983, da que foi un dos seus pais.

Ramón Piñeiro faleceu na cidade de Santiago no ano 1990.

Polo seu activismo cultural e a súa loita pola cultura e o idioma galego, a Real Academia adícalle o día das Letras Galegas do ano 2009.

Tiña a apariencia dunha persoa moi aberta pero era moi tímido e reservado tanto que incluso se vía na forma de moverse, e que lle viña dos anos de dictadura e do tempo pasado no cárcere; necesitaba da privacidade para sacar á luz os seus pensamentos. Foi unha persoa mediadora coa que se podía chegar a acordos facilmente aspecto que potenciou e o definiu como parlamentario. De trato afable e cordial, moi aberto ás opinións alleas, nada adoctrinador, era unha persoa que favorecía os acordos, era un home de consenso. A súa filosofía baseábase no Galeguismo Politico e Culto; a creación da mesma, unha filosofía propia para Galicia, foi a salvación do Galeguismo segundo varias persoanalidades da nosa cultura.

Era un home pouco lucido en público, reservado e discreto, prefería o estrato privado para dar a coñecer as súas opinións. Son famosas as tertulias que se fixeron o redor da súa mesa. Era no seu piso de Santiago, ao redor da súa mesa camilla onde recibía a personalidades do Galeguismo, estudiantes universitarios e aos mais novos e lles trasmitía a súa visión de Galicia intentando captalos para o Galeguismo. Din que falar de Ramón Piñeiro sen a súa e como falar do rei Arturo sen a mesa redonda.
Segúndo un dos seus amigos “unha das millores experiencias era falar con el na súa mesa camilla con braseiro épico. Piñeiro hipnotizábate cos seus ollos de aviador e acompañaba as súas palabras cun contínuo acenar das mans e os brazos diante dos ollos, como si estivera manexando os mandos dunha nave espacial". Don Ramón Piñeiro non tivo moitos medios. Viviu sempre de xeito humilde. O asombro é que sempre tiña tempo, e sobretodo, tiña unha mesa cósmica.

Ollando ó redor vería mal realizadas e mal encarnadas as súas ansias. Represión, clandestinidade, diferenzas e ruptura co exilio, renuncia ao partido galeguista....
Xunto a outras persoas esgotara a vida nesas cousas, obrara abnegadamente e con proveito para o país. E, con todo, faltándolle días nada máis, sabendo que todo concluíra, el sabía que non era comprendido polo mundo ao que pertencía. O galeguismo, que pasara de ser o seu galeguismo cultural a un nacionalismo dunas esquerdas que non era capaz de comprender, nin sequera eran unhas esquerdas parecidas ás que el coñecera na República e na clandestinidade.
Piñeiro defendeu sempre a súa filosofia piñeirista que foi moi discutida. Sabía que o seu sacrificio dera froitos na sociedade e na política. Sen o seu traballo e o dos compañeiros de xerazón política a Galicia actual non existiria deste modo. Aínda que non llo recoñecesen, el sabía que tiña razón. El tamén aceptaba que existía esta verdade amarga, esa dualidade de opinións sobre a súa filosofía piñeirista. “¿Como pode un idealista que entregou a súa maneira de vida á causa de Galicia non sentirse fracasado?”

De Ramón Piñeiro se descoñecen moitos momentos da súa vida tivo momentos escuros por exemplo seguimos sen saber porque Piñeiro foi preso nos anos 40. Os anos escuros sobre Piñeiro foron acrecentados, e os seus herederos non aportan información; polo tanto seguimos descoñecendo os datos.

Moitos dos seus coñecidos pensan que foi unha figura esencial da cultura do país e o adicarlle o día das Letras Galegas servirá para revisar a súa obra, coñecelo un pouco máis e debater sobre as súas ideas.
Ramón Piñeiro era considerado polo seus amigos e coñecidos como un entregado a Galicia, era unha referencia moral para as novas xeracións e contribuiu para que o galego contribuíse como unha lingua culta. “Un home de cultura, un intelectual poseedor dunha ética impecable... home de fortuna... sempre vivindo ou sobrevivindo co xusto e que nunca se quixo veneficiar de nada... e ao cal curiosamente ... non lle gustaba o campo nen o polbo”.

No hay comentarios: