MOMENTO HISTÓRICO
1914 -1918 -1920: I GUERRA MUNDIAL
Ø Segundo maior conflito do século XX: perda da hexemonía europea: morreron millóns de xóvenes.
Ø Contendentes iniciais: Francia, Reino Unido e Rusia contra Alemaña, Austria-Hungría, Bulgaria e Turquía.
Ø Desencadéante: o asasinato do Arquiduque de Austria en Saraxevo.
Ø Neste momento nace Ramón, nun momento de moita inquedanza política en Galicia: ideoloxicamente, pásase do “rexionalismo” ao “nacionalismo” polo nacemento das Irmandades da Fala que reivindican o autogoberno e a cooficialidade do idioma galego.
Ø 1920: ditadura de Primo de Rivera.
Naceu o 31 de xullo do 1915,Ármea Láncara (Lugo) morre en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990.

1923-1933: SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS E II REPÚBLICA
En 1923 constitúense o seminario de estudos galegos coa finalidade de
analizar e divulgar as manifestacións de cultura galega, así como atender a formación de investigadores. Vicente Risco, Fermín Bouza Brey e Ramón Otero Pedrayo son algúns estudosos, que ofrecen os seus mellores froitos dos primeiros anos.
Entre 1924 e 1928, Ramón Piñeiro cursou en Lugo o bacharelato elemental. Quedou impresionado ao decatarse de que o idioma de campesiños que a escola desprezaba era tan apto coma o castelán para as sutilezas da poesía.
En 1933 proclámase a II República logo de gañar as eleccións democráticas.
O 28 xuño , o Estatuto de Autonomía de Galicia é votado cun 92%de votos a favor.
Nesta época esperanzadora, Ramón entra en contacto con figuras
senlleiras do Partido Galeguista. Cando en 1931 se proclamou a II
República, o galeguista Lois Peña Novo foi falar á vila nun mitin
que acabou de espertar as simpatías do mozo de Armea polo
movemento que o orador defendía.

1933-1939: II REPÚBLICA ESPAÑOLA-GUERRA CIVIL
28 de xuño de 1936: o Estatuto de Autonomía de Galicia é votado en referendo cun 92% de votos a favor.
18 de xullo de 1936: golpe de Estado do exército comandado polo xeneral Franco e inicio da Guerra Civil.

LONGA NOITE DE PEDRA
O levantamento militar de xullo de 1936 trunca no só a consolidación dos proxectos políticos, sociais e culturais iniciados,
senón tamén a vida dos precursores e a de moitos animadores destas iniciativas.
Franco Bahamonde ; xeral aos 34 anos , foi logo o xefe de Estado español que gobernou de forma ditatorial entre abril de 1939 e novembro de 1975........un longo paréntese para as liberdades máis básicas.
Morte, depresión e exilio son as consecuencias inmediatas.
Ramón sufre de preto a crueldade fascista: en agosto de 1936 asesinan en Pontevedra a Alexandre Bóveda.
Pouco máis tarde, temendo pola súa vida ameazada, ingresa no exército (foi chamado na “quinta” que lle correspondía) no bando chamado “nacional”.
En 1939 finaliza a guerra civil coa vitoria dos integrantes do autoproclamado “bando nacional”, chamados así en oposición aos leais á República, coñecidos como “republicanos”.
Tras sufrir unha forte depresión, na posguerra súmase a pequenos grupos que preparan a reconstrución cultural e política do país.
1940-1944: II GUERRA MUNDIAL
En 1942 cursa en Madrid a especialidade de Filosofía e tamén participou na reconstrución clandestina do PG, pasando a formar parte do seu Comité de Dirección.
Aproveitou a estadía en Madrid para impulsar tres proxectos iniciais do partido: tomar contacto cos galeguistas exiliados, cos nacionalistas cataláns e vascos e co resto das forzas antifranquistas clandestinas.
Ø Setembro de 1939: invasión do exército alemán de Polonia (inicio oficial da II Guerra Mundial).
Ø 4 de Xaneiro de 1944: batalla de Montecasino.
Ø 6 de Xuño de 1944: desembarco aliado de Normandía.
1946-1970: “posguerras”.
No ano 46, axudado por nacionalistas vascos, Ramón Piñeiro cruzou os Pirineos a pé e, dende a fronteira, viaxou a París para entrevistarse co presidente do goberno republicano no exilio, José Giral. A súa misión era dobre: por unha banda, conseguir que se incluíse un ministro galego no dito goberno e que este fose Castelao, tal e como acordaran todas as forzas democráticas galegas; por outra, informarse dos plans e medios que o goberno tiña para derrocar o réxime de Franco. Conseguiu ambos os propósitos, mais quedou desolado ao constatar que o proxecto de Giral para rematar co franquismo era inxenuo e irrealizable, froito do descoñecemento da verdadeira situación que se vivía en España.
Afonso Daniel R. Castelao.
De volta a Madrid, Ramón Piñeiro foi prendido nunha reunión na que ía informar os outros grupos clandestinos das súas xestións en Francia. Foi condenado a seis anos de cárcere, dos que cumpriu tres.
En resposta ao afogamento da cultura galega que o franquismo practicaba sistematicamente, Ramón Piñeiro redactou un documento de denuncia que foi asinado por diversos centros galegos de América e repartido na nosa lingua, en inglés e en francés na VIII Asemblea Xeral da UNESCO (1954), causando o desconcerto entre a delegación española, presidida polo ministro de Educación. Xesús Alonso Montero deulle a este episodio o nome de "batalla de Montevideo".
Ramón Piñeiro foi o director literario de Galaxia. Un dos primeiros propósitos da editorial foi crear unha revista, Grial, para a que non se conseguiría autorización gobernamental ata o ano 1963.
A partir do ano 1966, Ramón Piñeiro foi convidado durante catro veráns ao Middelbury College de Vermont (EEUU) para impartir cursos sobre o a sociedade e o pensamento españois. En 1967 ingresou na Real Academia Galega co discurso A linguaxe e as linguas, en que, en opinión de Henrique Monteagudo, poden atoparse ecos dos estudos de sociolingüística que estaban xermolando naqueles anos nas universidades norteamericanas.
1967
Ø 27 de xaneiro: en Cabo Cañaveral (Florida) incéndiase o Apolo 1.
Ø Fúndase a UPG (Unión do Pobo Galego) e o PSG (Partido Socialista Galego).
Ø 3 de Decembro: en Sudáfrica, o Dr. Christian Barnard e o seu equipo realizan o primeiro transplante de corazón.
1969
Ø O ser humano pon o pé na Lúa por primeira vez.
1970-1990: TRANSICIÓN POLÍTICA E CRISE ECONÓMICA:
1974:
Ø Crise económica provocada polo embargo de petróleo dos países árabes.
1975:
Ø Morte do Xeneralísimo Francisco Franco Baamonde (O Ferrol; A Coruña, 4 de Decembro de 1892 – Madrid, 20 de novembro de 1975): vai rematando a Dictadura e avanzando o cambio político.
1979
Ø Celébranse as primeiras eleccións democráticas en España despois da Ditadura do xeneral Franco co triunfo do partido da U. C. D. (Unión de Centro Democrático), que tiña como principal líder a Adolfo Suárez.
Ø O 20 de outubro de 1981 celébranse as primeiras eleccións ao Parlamento de Galiza. Con Antonio Rosón (UCD) na presidencia da Mesa, os 71 deputados saíntes duns comicios moi apertados elixen a Xerardo Fernández Albor como primeiro presidente da Xunta. O Goberno xorde coa misión de poñer en práctica o Estatuto de Autonomía, ratificado en referendo en decembro de 1980.
Ø Preocupado por asegurar a presenza galeguista no primeiro Parlamento galego, cando chegaron as eleccións autonómicas aceptou a oferta do PSdeG-PSOE de ir como independente nas súas listas. Deste xeito, foi elixido deputado autonómico, o que lle deu a oportunidade de traballar a prol da Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade en 1983. Nese mesmo ano, Ramón Piñeiro foi elixido presidente do primeiro Consello da Cultura Galega, cargo que ocuparía ata o seu pasamento en 1990.
Ø No ano 1987 deronlle a medalla``CASTELAO´´.
Ø En 1993 construíuse na súa honra o Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.
GRAZAS, RAMÓN; FUCHES UN DOS BOS E XENEROSOS!

No hay comentarios:
Publicar un comentario