15/5/09

ECONOMÍA E PENSAMENTO DA É`POCA 1915-1990







ECONOMÍA E PENSAMENTO NA ÉPOCA DE Ramón Piñeiro (1915-1990)

ECONOMÍA





CARACTERÍSTICAS:


Hai unha crise económica en grande parte de España.
Nacemento da industria fabril.
Desenvolvemento dos servizos urbanos.
Expansión do sistema bancario rexional.
Foi a posta en marcha do ferrocarril A Coruña - Vigo - Madrid a través de Monforte. Isto facilitou o tráfico da mercadoría.

Século XX

Ata 1939.



O 50% da poboación é empregada no rural e cunha economía de subsistencia.
Crise dos servizos sociais nos anos vinte: España sofre desigualdades endémicas (económicas e culturais): en poucas mans acumúlanse grandes riquezas. O resto, vive con grandes carencias.
A II República trata de fomentar unha maior igualdade e solidariedade.
Guerra civil (1936-1939): supón unha grande perda económica para o Estado no seu conxunto.



1939-1945.

· 1939-1945: o 1 de abril de 1939 acabou coa victoria do bando nacionalista, liderado polo xeral Franco. En 1942 comeza a Segunda Guerra Mundial (a economía estabilízase na mediocridade,aínda que se beneficia lixeiramente).

· Ao final da guerra en 1945 , non supuxo unha mellora na situación económica de España.






1945-1953

Illamento internacional polo asentamento no poder da ditadura do xeneral Franco o que supón graves retrasos
con respecto á época de desenvolvemento que inician outros países: crise económica.

Hacia os anos 1950 , a situación económica empezou mellorar debido ao cambio nas políticas económicas.



1953-1959.

Ruptura paulatina do illamento político internacional: a situación económica vai mellorando en gran parte grazas á emigración.




1959-1969

Apertura ao exterior: aumenta o ritmo de desenvolvemento á par que comeza a industrialización do país.
Posta en marcha do plan de estabilización.
















Crise internacional pola subida dos prezos da enerxía: aumento moi considerable do paro.



Þ Subscríbense os pactos da Moncloa para atallar a gravidade da crise económica.



PENSAMENTO


1915-1923

Þ A Galiza na que nace Ramón Piñeiro é un país intelectualmente inquedo. Como mostra, constitúese o Seminario de Estudos Galegos que ten, entre outras funcións, dinamizar o desenvolvemento da cultura galega.


Þ Á saudade dedicaría Ramón Piñeiro outros catro traballos máis ("A filosofía e o home", "Para unha filosofía da saudade", "Saudade e sociedade, dimensións do home" e "A saudade en Rosalía") que, en 1984, reuniría no libro Filosofía da saudade.
















1933-1936

O imaxinísmo (predominio cultural da imaxinación) e o neopopulísmo (cultura baseada nas raíces populares “culturizadas”) son dúas correntes moi activas na época.


A ideoloxía fascista provoca feitos como os de Tui: asasinato de e Alexandre Bóveda, gran intelectual galego.




O Partido Galeguista trata de aglutinar o sentimento galego. Ramón ingresa nel.

A partir deste momento Piñeiro entra nun período de intensa actividade política que o levaría a exercer en 1936 como secretario do Comité Provincial do Estatuto de Autonomía organizado polo Partido Galeguista.



Posguerra: 1939 e ata a morte do xeneral Franco.

Gran parte da literatura e da intelectualidade tivo que sobrevivir no exilio americano, debido á censura e á marcha de gran parte de intelectuais.

Ramón fixo aquí todo o que estivo na súa man por recuperar unha cultura arrasada.

O período de máis de dous anos que va dende as eleccións de novembro do 1933 ás do Frente Popular, en febreiro do 1936, caracterizouse por unha situación de bloqueo, debida a varios motivos:

Os sucesivos gobernos carecían de estabilidade política e parlamentaria.

A maioría das súas accións revelaban máis unha voluntade de revisar as reformas do período azañista que unha vocación de construir un régimen republicano de base conservadora.

A polarización social e política de España aumentou. Exemplo delo foron os sucesos de outubro do 1934.
1975-1981.

Durante os últimos anos do franquismo, Ramón Piñeiro ocupouse tamén de facilitar a creación dun partido socialista e outro de tendencia democristiá galegos, convencido de que "a maioría de idade política de Galicia tiña que consistir mesmamente en que deixase de existir un partido galeguista para que fosen galeguistas todos os partidos democráticos". Con todo, el non se integrou en ningunha destas formacións, pois coidaba que cumpría continuar facendo unha política cultural á marxe dos partidos que servise para galeguizar a parte da sociedade que non militaba en ningún deles.





A situación cambiou coa chegada da democracia e, con ela, da posibilidade da autonomía. Ramón Piñeiro comezou por apoiar diversos manifestos a prol da consecución dun auténtico autogoberno para Galicia e por participar na formación da sociedade de estudos e opinións Realidade Galega, que esixiu para o noso país un estatuto que lle garantise niveis de autonomía equivalentes aos do País Vasco e Cataluña.

Nas primeiras eleccións democráticas foi candidato ao senado por Lugo nunha candidatura de unidade dos partidos que propugnaban o federalismo. A pesar de que a apoiaban o Partido Popular Galego (demócrata-cristiáns galeguistas), o PSG, o PSOE, o PC e o Movemento Comunista de Galicia, os seus resultados foron cativos.

1981-1990.

Preocupado por asegurar a presenza galeguista no primeiro Parlamento galego, cando chegaron as eleccións autonómicas aceptou a oferta do PSdeG-PSOE de ir como independente nas súas listas. Deste xeito, foi elixido deputado autonómico, o que lle deu a oportunidade de traballar a prol da Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade en 1983. Nese mesmo ano, Ramón Piñeiro foi elixido presidente do primeiro Consello da Cultura Galega, cargo que ocuparía ata o seu pasamento en 1990. mundo.






Obra.

- Lembrando a Castelao (SEPT, 1975).
- Vicisitudes históricas da cultura galega (1975).
- Filosofía da saudade (Galaxia, 1984).
- Castelao político (1986).




Participou na creación do Consello da Cultura Galega no ano 1983 e foi o seu primeiro presidente, cargo que ocupou ata a súa morte.

Pola dedicación, total e desinteresada da súa vida na defensa de Galicia e da súa cultura, debe ser unha referencia moral indiscutible e necesaria cara ás novas xeracións.

Os seus traballos sobre pensamento e filosofía, dedicados maioritariamente á " saudade", así como as súas traducións supuxeron un "paso decisivo" para a normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber.











Os alumnos e as alumnas de 6º E.P.O

No hay comentarios: