10/5/12


ECONOMÍA E PENSAMENTO NA ÉPOCA DE VALENTÍN PAZ 
ANDRADE (1898-1987)

ECONOMÍA

Un dos eventos que marcaron de forma máis dramática o 
desenvolvemento do século XX foi a batalla de ideas en 
economía, unha batalla que transcendeu política e 
socialmente. 
Esta guerra ideolóxica, que continúa até hoxe, foi trabada 
entre mercados e gobernos, entre Hayek e Keynes, en 
suma entre o liberalismo eo socialismo. Dous lados da 
mesma moeda. Dúas filosofías, dous xeitos de ver o mundo.


HAYEK  pertenceu a un grupo de liberais: a escola austríaca ou Escola Ludwig von Mises. Estes economistas crían que os mercados, así como as persoas, tiñan que ser totalmente libres, sen intervención dos estados. A  premisa básica da escola austríaca era simple: os mercados funcionan, os gobernos non.
KEYNES é o inventor da macroeconomía.Conceptos que hoxe se dan por supostos, como o PIB, a inflación, a tasa de paro... foron introducidos por él. A finais do 1936 publicou a súa "Teoría Xeral" para combatir a depresión económica. A solución que propuxo para loitar contra o paro foi aumentar o gasto do goberno. Keynes argumentaba que os gobernos debían gastar "a contra corrente": Aforrando en tempos de bonanza e gastando en tempos de crise. 

CARACTERÍSTICAS:


O século XX comeza cunha grande crise e inestabilidade política 
en España que afectou tamén no ámbito económico pois non 
tivo o desenvolvemento industrial doutras zonas de Europa.
Nacemento da industria fabril.
Desenvolvemento dos servizos urbanos.
Expansión do sistema bancario rexional.
Foi a posta en marcha do ferrocarril A Coruña - Vigo - Madrid a 
través de Monforte. Isto facilitou o tráfico da mercadoría.



Século XX
Nos comezos do século XX o 50% da poboación está empregada no rural e cunha economía de subsistencia.
No 1900 o téxtil e o alimenticio son os sectores máis importantes (67%), seguidos pola industria mecánica e química (13%).

República 1931-1933
A II República trata de fomentar unha maior igualdade e solidariedade económica coa Lei de Reforma Agraria (1932)
A Guerra civil (1936-1939) 
Supón unha grande perda económica para o Estado no seu conxunto e o aniquilamento desas esperanzas de reparto máis xusto da riqueza.
1939
O 1 de abril de 1939 acabou coa victoria do bando nacionalista, liderado polo xeral Franco.
Tamén no 1939 comeza a Segunda Guerra Mundial que terán unhas consecuencias desastrosas sobre a economía mundial.
Ao final da guerra en 1945 , non supuxo unha mellora na situación económica de España.


1945-1953

Illamento internacional polo asentamento no poder da ditadura do xeneral Franco o que supón graves retrasos con respecto á época de desenvolvemento que inician outros países: crise económica.
Cara os anos 1950 , a situación económica empezou mellorar debido ao cambio nas políticas económicas.

1953-1959



Ruptura paulatina do illamento político internacional: a guerra fría 


entre os USA e a URRS fai que Franco sexa tolerado e 


finalmente aceptado polas potencias occidentais.


A situación económica vai mellorando en gran parte grazas á 


emigración que envía divisas dende o exterior.




1959-1969

Apertura ao exterior: aumenta o ritmo de desenvolvemento á par 



que comeza unha lenta industrialización do país.


Posta en marcha do plan de estabilización.


En Vigo no 1960 fúndase PESCANOVA, primeira empresa que 


desenvolve unha flota de conxeladores capaces de conxelar o 


peixe en altamar. Valentín Paz Andrade chega a ser 


vicepresidente.


1970-1987


Crise internacional pola subida dos prezos da enerxía, 
especialmente do petróleo no 1973: aumento moi considerable do paro.
Subscríbense os pactos da Moncloa para atallar a gravidade da 
crise económica. 

PENSAMENTO


1915-1923

A Galiza na que nace Valentín Paz Andrade é un país 
intelectualmente inquedo. Como mostra, constitúese o Seminario de Estudos Galegos que ten, entre outras funcións, dinamizar o desenvolvemento da cultura galega.

1933-1936

O imaxinísmo (predominio cultural da imaxinación) e o neopopulísmo (cultura baseada nas raíces populares “culturizadas”) son dúas correntes moi activas na época.

A ideoloxía fascista provoca feitos como os de Tui: asasinato de e Alexandre Bóveda, gran intelectual galego.

O Partido Galeguista trata de aglutinar o sentimento galego.


Posguerra: 1939 e ata a morte do xeneral Franco.

Gran parte da literatura e da intelectualidade tivo que sobrevivir no exilio americano, debido á censura e á marcha de gran parte de intelectuais.


O período de máis de dous anos que va dende as eleccións de novembro do 1933 ás do Frente Popular, en febreiro do 1936, caracterizouse por unha situación de bloqueo, debida a varios motivos:

Os sucesivos gobernos carecían de estabilidade política e parlamentaria.

A maioría das súas accións revelaban máis unha voluntade de revisar as reformas do período azañista que unha vocación de construir un régimen republicano de base conservadora.

A polarización social e política de España aumentou. Exemplo delo foron os sucesos de outubro do 1934.

1975-1981. 


1981-1987.

No hay comentarios: