10/5/12


Equipo Cooperativo "Pantasmas"



BIOGRAFIA DE VALENTIN PAZ ANDRADE

No barrio do Socorro, en Lérez (Pontevedra) naceu Valentín Paz-Andrade o 23 de abril de 1898. De mozo coñeceu a Castelao, que foi un amigo inesquecible. Foi desterrado en dúas ocasións, no1924 e no 1957.
En Trives coñece a Pilar, que foi a súa moza, despois dun tempo nacería Alfonso, o seu fillo.
Foi impulsor e vicepresidente de Pescanova. Morreu en Vigo, o 19 de maio de 1987.

Equipo Cooperativo "Escorpións"



VIDA DE VALENTIN PAZ-ANDRADE


Naceu en Lérez (Pontevedra) o 23 de abril do 1898. Foi un home polifacético: avogado, empresario, político e escritor. Estudiou Dereito. Foi ao cárcere en dúas ocasións en 1924 e no 1957.
Desde o 1922 ata o 1926 dirixiu o xornal Galicia.
No 1934 propóñeno como secretario do Partido Galeguista.
En Trives coñece a Pilar, con quen casa no 1939.Tiveron un fillo chamado Alfonso.
Foi vicepresidente de Pescanova. Escribiu libros,  o primeiro titúlase Pranto Matricial , cheo de poesías. Gañou moitos premios.
Morreu en Vigo o 19 de maio de 1987.

Equipo Cooperativo "Loros"



Resumo da vida de VALENTIN PAZ-ANDRADE

En Pontevedra naceu Valentín Paz-Andrade en 1898. Foi un home que tivo varios oficios como avogado, empresario, político e escritor. Estudiou  en  Pontevedra  e  logo  ingresou  na  Universidade  de Santiago,  e  alí estudiou  dereito.
Colaborou en varias revistas e xornais como Gaceta de Galicia,El pueblo Gallego, Outeiro, Grial, Faro de Vigo, Galicia,  ... 
Faise  cargo  do asesoramento xurídico  da   Sociedade  de  Armadores  de  Bouzas  La  Marítima  cos  mariñeiros  en  folga. Foi desterrado a Verín. Coñeceu a  Pilar  e  con  ela casou no  1939, en Vigo.
Colaboraba  no  mundo  da  pesca e como   poeta  pertence  a  xeración do  25.
Morreu   en  Vigo, en  1.987.

Equipo Cooperativo "Diamante negro"



BIOGRAFIA  DE VALENTIN PAZ ANDRADE

Naceu o 23 de abril de 1898. Foi un home polifacético. Licenciouse no 1921 pero ese mesmo ano tivo que marchar como soldado a fronte de África. Foi: empresario, avogado, especialista en pesca, político, poeta e escritor.
Desde o 1922 ao 1926 dirixiu o xornal Galicia.
Traballou con: Cabanillas, Castelao, Otero Pedraio,Vicente Risco, Alexandre Bóveda e Carballo Calero.
Cando, o 18 de Xullo de 1936 estala a guerra civil, permanece no seu despacho de Vigo. En setembro foi desterrado a Verín.
Morreu en Maio de 1987.
                                                                                 
Equipo Cooperativo "King Kong"



BIOGRAFIA de Valentín Paz-Andrade

Naceu en Lérez (Pontevedra) no ano 1898.
Foi:avogado, empresario, político e escritor, tamén estudiou dereito. Nese momento, comezou a implicarse no galeguismo. Dende pequeno foi amigo de Castelao.
A comezos dos anos 30 participa na fundación do Grupo Autonomista Galego. Foi desterrado A Pobra de Trives.
Foi impulsor e vicepresidente de Pescanova. Morreu en Vigo en 1987.


No hay comentarios: