30/4/13

FEITOS HISTÓRICOS NA ÉPOCA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO


O FRANQUISMO:  A   ORIXE
A   orixe do franquismo foi a sublevación dunha parte do exercito español  contra o goberno da II Republica elixido democraticamente. Foi polo tanto, un golpe de estado ilegal que provocou unha guerra civil que durou dende 1936 ata 1939 e na que as forzas politícas de esquerdas e os movementos obreiros apoiaron ao bando republicano e as forzas de dereitas e as clases máis conservadoras e a xerarquía eclesiástica aos sublevados.
A  guerra civil  rematou coa victoria do autodenominado bando nacional baixo o mando do xeneral Franscisco Franco Baamonde e con máis de medio millóns de mortes.

O FRANQUISMO: A DICTADURA

Despois da súa victoria, o xeneral Franco instaurou unha dictadura que se caracterizou pola forte represión de calquer forma de oposición ao seu mandato. Soamente dende 1939 ata 1945 foron asasinadas máis de 50.000 persoas.
Na época do franquismo non se podía falar galego nin ningún outro  idioma que non  fose o castelán. Outras normas eran por exemplo estas: 

Non poder disfrazarse.

Non poder practicar outra relixión que non fose a católica.

Estaban prohibidos os partidos políticos e os sindicatos.

Se non pensabas como Franco serías encadeado ou fusilado polo que moita xente decidiu exiliarse, isto é: abandonar o teu país contra a túa vontade. Calcúlase que foron uns 450.000 exiliados.
Os anos seguintes á guerra  e ata 1959 (posguerra) foron de enormes dificultades económicas pois o país estaba arruinado e a economía destrozada. Aplicouse o racionamento de alimentos. En Galicia prodúxose un forte incremento da emigración pola escaseza de industrialización e unha agicultura pouco produtiva.
A partir da década dos anos 60 comezou unha época de desenvolvemento económico co crecemento da industria e a renovación e mecanización da agricultura.

O FRANQUISMO: FINAL DA  DICTADURA

No 1973 con Franco xa gravemente enfermo, nomea como sucesor ao almirante  Carrero Blanco



Pero este é asasinado polo grupo terrorista ETA cunha bomba debaixo do seu coche.

 
Así quedou o coche de Carrero Blanco








En 1974 constituise un novo governo presidido por Carlos Arias Navarro.

Finalmente o dictador morre o 20 de novembro de 1975.





A  RESISTENCIA AO FRANQUISMO EN GALICIA
Co franquismo comezou en Galicia o que Celso Emilio Ferreiro chamou “A longa noite de pedra” pois foron anos difíciles e de moita represión.
O principal referente do galeguismo, Daniel Alfonso Castelao, estaba exiliado na Arxentina e faleceu alí no 1950.

A oposición ao franquismo que quedou en Galicia, comezou cunha resistencia cultural coa  fundación da editorial Galaxia onde coincidiron algúns dos vellos galeguistas como Ramón Otero Pedrayo ou Vicente Risco coa nova xeración de Domingo García Sabell ou Ramón Piñeiro.

Ata a década dos anos 60 nos se fundan os primeiros partidos políticos coas novas xeracións ás que non lles chegaba coa resistencia cultura e querían un verdadeiro cambio cara unha democracia na que Galicia fixese valer a súa identidade e necesidades propias. Nesta época fúndase a UPG (Unión do  Pobo Galego) e o PSG (Partido Socialista Galego).

REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS
O 25 de abril de 1974 o exército portugués co apoio do pobo que puxo caraveis nos fusís e canóns dos soldados puxo fin ao governo do dictador Oliveira de Salazar rematando coa dictadura máis longa da Europa occidental e que durou dende 1926.



Esta revolución comezou coa canción “Grándola vila morena” do cantautor José  Afonso.





A TRANSICIÓN DEMOCRÁTICA
Coa morte de Franco no 1975 instaurouse en España a monarquía sendo nomeado xefe do estado Xoán Carlos de Borbón.


O rei cazando elefantes
Adolfo Suárez

En xullo de 1976 o rei nomeu como presidente do governo a Adolfo Suárez, un político que viña do réxime anterior pero tiña ideas de camiñar cara unha democracia.






Nesta época houbo moitos atentados provocados polos grupos extremistas de esquerdas, que querían unha ruptura radical co réxime anterior e de dereitas, que se opoñían a calquera avance democrático.


No 15 de xullo de 1977 legalizáronse os partidos políticos e celebráronse as primeiras eleccións democráticas desde 1936 e nas que triunfou a UCD (Unión de Centro Democrático) de Adolfo Suárez.



No 1978 redactouse a Constitución, que foi aprobada o 6 de decembro.


N
No 1981 en Galicia celébranse as primeiras eleccións autonómicas,  que gaña AP (Alianza Popular) e Xerardo Fernández Albor convírtese no primeiro presidente da Xunta de Galicia

Póñense as bases do ordenamento autonómico coa Lei da Xunta e o seu Presidente, a Lei de símbolos, a reguladora do Valedor do pobo a do Consello da Cultura Galega e a Lei de Normalización Lingüística. Créanse, así mesmo, a Radio e a Televisión públicas galegas que empregan como idioma preponderante o galego


No 1982  venceu nas eleccións o PSOE Partido Socialista Obrero Español, con Felipe González como presidente do governo. Manteríase no poder durante as tres seguintes lexislaturas

No 1985  en Galicia celébranse as segundas eleccións autonómicas  nas que emerxe unha forza de centro galeguista,Coalición Galega. Estes propician unha moción de censura que lle dá o poder a un tripartito (ao fronte do cal está Fernando González Laxe nun contexto no que os Governos de Felipe González en Madrid estaban poñendo en marcha o peche dos estaleiros galegos, as cotas lácteas e a marxinación da frota pesqueira galega como condicións para a integración no Mercado Común  Europeo. Créanse as Universidades da Coruña e Vigo.

No 1986 España incorpórase á Comunidade Económica Europea, precursora da Unión Europea e nese mesmo ano celébrase un referendo no que se consulta ao pobo sobre a permanencia ou non na OTAN. O PSOE defendeu o si, que finalmente gañou.



No 1989 Manuel Fraga Iribarne, ao fronte dun refundado Partido Popular gaña as eleccións autonómicas e acadará catro maiorías absolutas consecutivas.



En 1992 España aparece de forma rechamante no escenario internacional coa celebración dos Xogos Olímpicos en Barcelona, a declaración de Madrid como Cidade Cultural Europea e a celebración en Sevilla da Exposición Universal EXPO92.








As eleccións de 1996 deron a vitoria ao PP (Partido Popular) con José María Aznar como presidente, cargo que exerceu durante dúas lexislaturas.



SÉCULO XXI

O século XXI comeza cos efectos do 11 de setembro do 2001 que levaron a España a implicarse en dous conflitos: a ocupación de Afganistán e a invasión de Iraq.





O euro moeda oficial na chamada «Zona Euro» de Europa dende 1999, converteuse na moeda de cambio oficial o 1 de xaneiro de 2002 reemprazando á peseta. 

No 2002, o naufraxio do petroleiro Prestige fronte á Costa da Morte provoca unha marea negra , chegando toneladas de petróleo ás costas galegas. 

Prodúcese unha gran polémica porque as autoridades ocultan información aos cidadáns e tratan de quitarlle importancia á catástrofe ecolóxica.




Os cidadáns movilizáronse e organizaron protestas masivas coa plataforma "Nunca máis".

O noso colexio participou nas manifestacións de protesta.





O 11 de setembro do 2002,  falece en Santiago de  

Compostela  Roberto Vidal Bolaño.

No hay comentarios: