7/5/13

ECONOMÍA E PENSAMENTO NA ÉPOCA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO




John Maynard Keynes (1883-1946). As súas teorías naceron no momento en que E.U. e Europa atopábanse baixo o impacto da crise do 1929. Entón xurde a revolución Keynesiana como solución a esta crise xa que os neoclásicos non tiñan resposta ou unha solución inmediata ao problema que se presentou. Un aspecto importante da crise, é que o capitalismo ten períodos de ciclos económicos, onde se resalta que despois de ter un auxe, ven unha contracción, sendo unha etapa do ciclo. O propósito central das teorías keynesianas foi crear un modelo macroeconómico que explicase unha economía monetaria moderna. Keynes non estaba de acordo en que a redución de salarios aumente a facilidade  para obter emprego.  Keynes dentro da súa teoría propón o aumento no gasto público porque isto se  traduce na xeración de empregos, ademais resalta a importancia da intervención do Estado. Este modelo é chamado o Estado de benestar.


A ECONOMÍA EN GALIZA NA 2ª METADE DO SÉCULO XX

O final da autarquía e a expansión dos sesenta, 1959-1973

Coa aplicación do Plan de estabilización, o réxime franquista modificou en parte a súa política autárquica ou de autosuficiencia, polo que mellorou a economía española e galega nos anos 60, que tivo unha grande capacidade de aproveitamento das condicións favorables do mercado exterior, antes desaproveitadas polas limitacións que impuxeron a política de a rixidez intervencionista no anos 40 e 50. Este aproveitamento tradúxose nunha forte expansión entre 1960 e 1974.

A década dos 60 caracterizouse en Galiza pola desagrarización, a urbanización e a   asalarización.

Dun lado, polo crecemento da economía e, do outro, polo gran cambio estrutural operado. Resultaron transformacións semellantes ás acontecidas no conxunto de España, pero aquí presentaron ritmos e escalas diferentes. As mudanzas relacionadas co crecemento mantiveron tan so unha importancia relativa na medida en que únicamente permitiron recuperar o terreo perdido tras a guerra civil. Os cambios estructurais máis significativos afectaron ao tamaño do sector primario. 
Labregos facendo a sega
Segundo Carmona, os galegos deixaron de traballar na agricultura para ocuparse na industria  e nos servizos (desagrarización). Ao tempo, renunciaron á aldea para vivir e traballar na cidade ou na vila  (urbanización) e, por último, abandonaron o traballo por conta propia e pasaron a depender dun traballo para outros (asalarización).




Factoría de Astano en Fene

Así foi que pasamos dun sector primario que daba ocupación ao 65,3% de la poboación activa en 1930 a un 18,6% no 1999. Se excluímos a pesca, que se mantivo constante nun 4%, podemos concluír que Galiza deixou de ser un país agrario.

A crise do petróleo e a inserción de Galiza na economía globalizada, 1974-2000


A recesión dos setenta e primeiros oitenta resultou especialmente grave para Galiza. Isto non derivou tanto da incidencia dos prezos enerxéticos e das materias primas —a comunidade mantiña unha baixa dependencia enerxética e dispoñía en gran medida de materias primas propias—, como da caída da demanda de emprego en Europa e a fin da emigración. A isto hai que engadirlle a expulsión da flota de altura nos caladeiros tradicionais —ampliación progresiva en todos los países das augas territoriais— e a ruina do sector da construción naval exportadora, actividades fundamentais e cuxas debilidades se manifestaron nos 70 e primeiros 80.

A acelerar e ampliar os efectos anteriores contribuiu a entrada de España, a mediados dos 80, na Comunidade económica europea, cun impacto especial sobre os sectores máis tradicionais e maduros, pero tamén sobre os máis diversificados e modernos. Entre os primeiros, situábanse os astaleiros e a agroindustria, traballosamente desenvoltos nos sesenta. 


Folga dos traballadores de ASTANO

Os astaleiros civís, absorbidos durante a crise dos setenta polo Estado, foron obrigados a deixar de construír navíos convencionais e o protocolo que asinou España coa CEE únicamente prevía a construción de plataformas mariñas e estruturas similares.


Isto supuxo a perda de milleiros de postos de traballo directos e indirectos.


Manifestación en defensa do agro

Polo que respecta a agroindustria, a produción láctea foi sometida ao sistema europeo de cotas, que en lugar de servir para estimular ao sector con vistas a unha maior competitividade, evitou a competencia co leite francés hexemónico.  

Tenda de Zara
Houbo empresas galegas que se adaptaron mellor ás regras de xogo da globalización. Empresas como as que conforman o grupo INDITEX, con sede en Arteixo e que integraba vertical e horizontalmente a 263 sociedades en 74 países a finais do 2009, cunha cifra de negocio que superaba os 11 mil millóns de euros.




Supermercado de Gadisa


Outros exemplos son o grupo GADISA, a cooperativa COREN ou os grupos configurados arredor das multinacionais Pescanova e Zeltia.



No hay comentarios: